Galicia Forum Gastronomico 2025

CONCURSO
DE EMPANADAS 2025

Volve o concurso máis esperado!
Tras o éxito da edición anterior, este ano celebramos a segunda edición do Concurso de Empanadas Galicia Fórum Gastronómico, un certame que premia a excelencia na técnica e a creatividade nun dos pratos máis emblemáticos da gastronomía galega: a empanada.
Dúas categorías para participar:
1. Categoría Profesional: dirixida a cociñeiros e panadeiros expertos na elaboración das tradicionais empanadas galegas.
2. Categoría de Formación: aberta a estudantes de escolas de hostalería, para destacar e valorar o papel fundamental da formación gastronómica.
Un xurado de luxo composto por destacados profesionais do sector será o encargado de avaliar as propostas e seleccionar aos gañadores.

Inscricións abertas ata o 28 de febreiro de 2025.   Consulta aquí las bases

Os gañadores serán anunciados o martes 25 de marzo de 2025 no marco do Galicia Fórum Gastronómico. Co apoio da Deputación de Coruña e a colaboración de Kitchen Aid.  
facebook twitter instagram youtube
ES | GA
© Galicia Fórum Gastronómico S.L. 
tel.: 981 569194 I tel.: 981 935345info@galiciaforumgastronomico.com 
República de El Salvador, 8 3º (Santiago de Compostela)
Nota Legal y Política de Privacidad